FUNDACION DE EXPOSICIONES Y CONGRESOS DE LA ESTRADA

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size
http://feiradomoble.com/portal/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/1468131.jpglink
http://feiradomoble.com/portal/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/7570202.jpglink
http://feiradomoble.com/portal/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/7823293.jpglink
http://feiradomoble.com/portal/components/com_gk3_photoslide/thumbs_big/5602044.jpglink

A Fundación do Moble valida unha conta austera

E-mail Imprimir PDF

O padroado da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada aprobou onte o orzamento para o próximo ano. A nota dominante nas contas do 2012 será a austeridade. O orzamento sitúase en 419.838,69 euros, o que supón un recorte de máis de 42.000 euros respecto das contas do 2011, que alcanzaran os 462.700 euros e que xa supuñan unha redución notable respecto ao 2010. O orzamento sufriu recortes en todas as partidas, incluídas a de persoal para feiras e a de gastos. O maior montante de ingresos é o previsto para a feira do moble de setembro, que rolda os 147.000 euros.

Descontos nas tarifas

A entidade aprobou tamén un cambio nas tarifas para favorecer a participación de expositores na cita de setembro. As empresas que contraten máis de 120 metros cadrados de superficie terán un desconto de dous euros por metro cadrado.

Por outra banda, a Fundación validó ademais o calendario feiral para o 2012. A undécima edición da feira profesional do moble celebrarase do 19 ao 21 de abril e a vixésimo sexta da Feira do Moble de Galicia do 8 ao 16 de setembro. As tres citas anuais coas antigüidades serán do 2 ao 4 de marzo a primeira, os días 2 e 3 de xuño a segunda e o 1 e 2 de decembro a última do ano. Ademais, do 2 ao 4 de marzo haberá unha feira de oportunidades do comercio.

Na reunión de onte tamén aceptaron o seu cargo os novos representantes da Deputación no padroado: José Crespo Iglesias , Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez.


FONTE: LA VOZ DE GALICIA